A fragata vella
SÓS
Navy bar
Proxecto en progreso: Máis Alálá
Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro a catro de Manoel Antonio creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro no ano 1922.
Partindo dos 19 poemas do libro De catro a catro creamos un sinxelo programa informático para transpoñer todas as letras dos poemas a números e posteriormente a notas musicais. Isto nos permite traballar cun banco de palabras e un banco de notas musicais.
Este material poético e musical é o noso punto de partida para crear un universo creativo propio pero que ao mesmo tempo se nutre da atmósfera poética/filosófica do libro.
Alejandro Vargas
Xelís de Toro